Xa estou na cama, na casiña, de volta da viaxe para ver a eclipse.
As fotos están todavía nas cámaras, así que non vou poñer ningunha todavía.
Pero tiña ganas de ensinar o novidoso sistema de amortiguación do eixe de altitude do meu telescopio. É cativiño de todo, e cunha cámara tan pesada só se pode encuadrar a imaxe a pulso, e ten que ser un moi bo pulso.
Douglas Adams tiña razón. Nunca sabes cando unha toalla che pode salvar a vida.