DiazCarrete
Con iso da adaptación que Nolan vai facer da Odisea deume por pensar nos paralelismos entre Circe e Penélope, e logo caín na conta de que esa é xustamente a premisa do libro de Begoña Caamaño sobre ambas 😅 así que o terei que ler.
Os libros da colección "El Parnasillo" sonche *perfectos* para ler mentres das un paseíño. Pouco largos, doados de meter nun bolsillo. Doados de soster cunha soa man. Veñen con cinta marcapáxinas incluida. O tamaño e proporcións das páxinas fainas menos susceptibles ó vento. Máis lixeiros que o meu Kindle. Teñen unha letra moi pequeniña, iso sí.
teño que aprender a amorear as peticións de puxo en GitHub
quero ver "Posession" (1981) e tamén "Obsession" (2025)
estresado. inda que agora hai que dicir "teño o cortisol polas nubes". poderase dicir "cortisolado"?
é de señor maior preguntar na caixa do Gadis se 0,75 euros é demasiado pouco para pagar con tarxeta de crédito?
Cando rapaz, amolábame cando as ilustracións das cubertas dos libros de ciencia ficción non correspondían para nada ós contidos, nen sequera nun sentido metafórico. Ala, unha nave espacial e a tirar para diante. O que non quita que algunhas das ilustracións estivesen ben.