Queres desfacerte de Windows porque sabes que che van a meter o software espía recall? Pois se andas por Vigo estás de sorte. Este venres 18 o noso compa @zer1t0@defcon.social coa xente de Ecoar dará un taller de introducción a GNU/Linux, onde ensinará como instalalo e funcionar con el para facer as nosas tarefas do día a día. Todo en entorno gráfico, sen terminal. Será na cooperativa Árbore ás 18.00, podes apuntarte en https://arbore.gal/event/activismo-dixital-linux-como-base-8/register. Lembra levar o teu portátil (tranquilo, farase todo a través dun live USB, así que non fai faia instalar nada se non queres)
hackliza
Unha comunidade galega sobre seguridade informática e outros temas. A galician community about computer security and other stuff.
Os nosos @DonCaralludo@defcon.social e @zer1t0@defcon.social dando a súa charla “inxección de código en Python” na @pycones@fosstodon.org #pythones #python #vigo #pycones2024 #PyConES
Aquí está o noso @zer1t0@defcon.social dando “Un paseo pola seguridade GNU/Linux” no @eslibre@floss.social. Levando o galego nas súas diapos até Valencia! #esLibre
Agora foi a quenda do noso @kenkeiras@social.codigoparallevar.com no @eslibre@floss.social para falar de “Software maleable”! #esLibre
Novo artigo do @zer1t0@defcon.social explicando pasiño a pasiño como unir un Debian a un Active Directory (porque nos entornos privados tamén se pode meter software libre), incluíndo para que serve cada protocolo e ferramenta. Dende logo, moito lle gustan os internals a este rapaz! https://hackliza.gal/posts/linux-en-ad/
[gal] Onte estiveron pola #BlackHat de Londres o noso @DonCaralludo@defcon.social e o noso amigo Marcos dando unha charliña sobre "Análise sintático de malware con Linguado". Menudas lendas!
[en] Yesterday our own @DonCaralludo@defcon.social and our friend Marcos were at #BlackHat London talking about "Syntax analysis for malware detection with Linguado". What a legends!
Hoxe estivo o noso compañeiro @hacklego@defcon.social na vicon.gal apresentando a metodoloxía THOR: Threat Hunting Operations and Research! #threathunting
Novo artigo do @zer1t0@defcon.social, que apresenta a súa ferramenta keydump para leer os keyrings (protexidos) de terceiros procesos en Linux e extraer segredos como as credenciais de usuarias do dominio almacenadas por sssd. Agardamos que vos guste! https://hackliza.gal/posts/keydump/
Brand new post from our own @zer1t0@defcon.social explaining with baby steps how to join Debian to Active Directory (yes, you can add free software to a privative environment!) including detailed explanations of protocols and tools. Is there anyone in the world who love sysinternals more than him? We really doubt it! https://hackliza.gal/en/posts/linux-en-ad/
Nunca che pasou de engadir un servidor DNS a /etc/resolv.conf e que desaparecera ao pouco? O noso compañeiro @zer1t0@defcon.social estivo indagando sobre este problema e ofrece unha solución detallada para varios demos de rede de GNU/Linux: https://hackliza.gal/posts/cambiar_dns_linux/
Couldn’t attend to our live event? No worries! @zer1t0@defcon.social wrote a new post of his tools to unlock sudo with ptrace: https://hackliza.gal/en/posts/stealing_sudo_sessions_with_ptrace/
Non puidestedes virdes ao faladoiro? Non vos preocupedes, o @zer1t0@defcon.social fixo un novo post sobre a súa ferramenta para capturar sudo con ptrace: https://hackliza.gal/posts/stealing_sudo_sessions_with_ptrace/
Have you ever added a DNS server to /etc/resolv.conf that disappeared? Our own @zer1t0@defcon.social did a research about it and he brought a detailed solution for several GNU/Linux daemons: https://hackliza.gal/en/posts/cambiar_dns_linux/
Mañá imos estar online un rato para falarmos de ideas, actos e barallar en xeral. Se gostades vémonos ás 21:00 por aquí: https://app.element.io/#/room/#hackliza:matrix.org. Até mañá!